Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela, capital galega do remo

remofemininoMachremo

As traiñeiras de Chapela e Cesantes na bandeira celebrada nas Pontes Foto: MAChremo

As augas de Arealonga acollen este sábado as bandeiras das tres categorías da Liga Galega de Traiñeiras: a liga A, a liga B e a liga feminina, e Redondela ten representación en todas elas. O Club de Remo Chapela é o encargado de organizar as tres probas coa I Bandeira Chapela Wofco da LGT-B, a VIII Bandeira Feminina Concello de Redondela e a XXXVIII Bandeira de Redondela da LGT-A. Ata a clausura da temporada, esta será a única oportunidade que terán os afecionados para ver na mesma xornada as tres categorías de traíñas, e facelo ademais no marco incomparable do paseo de Cardona. Julio Prado é o presidente do CR Chapela, organizador das tres probas.

Julio Prado, presidente do CR Chapela

Redondela terá a mellor das representacións nesta proba, xa que conta con cinco embarcacións na categoría raíña do remo galego, tres por parte do CR Chapela e dúas do CCD Cesantes. Todo un luxo para este municipio que ademais é o único de Galicia que pode presumir de ter unha man chea de barcos na LGT. Prado sinala que este fito é posible grazas ao apoio do Concello de Redondela

Redondela é o municipio galego con máis traiñeiras participando na LGT

O CR Chapela ten moitas esperanzas postas nesta liga. Na LGT-A, moi competitiva os beretes están en cuarta posición empatados a puntos co terceiro clasificado. Na Liga B será a regata de mañá a que defina as posicións, pero na presentación xa estiveron entre os tres máis rápidos. E na Liga Feminina e na que son máis optimistas, confían en que as remeiras de Chapela estean un ano máis entre as mellores con opcións de facerse co título galego.

Prado confía en obter bos resultados nas tres categorías, con opcións de facerse co título na feminina

As tres bandeiras que se disputan o sábado comezarán ás 17.00 horas no peirao de Chapela, e contarán coa participación de 30 traiñeiras. A primeira en disputarse será a I Bandeira Chapela Wofco da LGT-B. Ás 17.40 celebrarase a VIII Bandeira Feminina Concello de Redondela e ás 18.15 pechará a xornada a XXXVIII Bandeira de Redondela da LGT-A.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará