Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Justo Fernández proclámase vencedor en tres das seis categorías do KiteFest de Cesantes

Acto de presentación del VI KiteFest Cesantes, Trofeo Xunta de Galicia, 2023

©Sailingshots by María Muiña Photography

O arxentino afincado en Cangas venceu en Kite Foil, Pro e Wingfoil nun campionato que remataba este domingo logo de tres xornadas de festa e deporte na Praia de Cesantes. Satisfacción entre os organizadores tras pechar este domingo a sexta edición do Kitefest que foi todo un “éxito de público e de participación, reunindo na praia de Cesantes a case un cento de riders procedentes de diferentes puntos de España e Europa”.

Justo Fernández facíase coa mellor puntuación nas categoría de Kite Foil, revalidando o título de campión do ano pasado, e logrando tamén a vitoria nas modalidades de Pro y ABANCA Wingfoil.

O baionés Iván Carballo conseguía escalar ao máis alto no podio de Aceites Abril Twintip e na xeral masculina Ramón Motilla levábase o triunfo final mentres que en Tiki o podio  era para Lucas Muller.

Na clasificación feminina, a rider do TMKiteClub Mª del Carmen Nieto foi a vencedora na categoría de Twintip e a  viguesa Patricia Suárez rexistraba o seu nome no histórico de vendedores na categoría surf.

A entrega de premios tiña lugar na tarde de onte nun acto ao que asistiron a alcaldesa Digna Rivas e o Concelleiro de deportes Iván Valles, o xefe de servizo de deportes da Xunta e representantes das diferentes marcas patrocinadoras (ABANCA, Aceites Abril, Mercedes-Benz) así como a vicepresidente da Federación Galega de Vela e o presidente do TMKiteClub, organizadores do evento, Ricardo González.

Clasificación:

Louzao Kite Foil

1. Justo Fernández

2. Gabriel Arias

3. Ignacio Vicente

Pro

1. Justo Fernández

2. Marcelo Cortés

3. David Marín

Surf masculino

1. Ramón Mantilla

2. José Ríos

3. Luis Sampedro

Surf feminino

1. Patricia Suárez

2. Victoria García-Lastra

3. Mª del Mar Gallardo

Tiki

1. Lucas Muller

2. Andrés Douglas

3. Fernando Martín

Aceites Abril Twintip masculino

1. Iván Carballo

2. Horacio Pequeño

3. Francisco Costas

Aceites Abril Twintip feminino

1. Mª del Carmen Nieto

2. Vera Vázquez

3. Helene Lambrey

ABANCA Wingfoil

1. Justo Fernández

2. Hugo Martínez

3. Helene Lambrey

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará