Todo apunta a que o vertido procedería do baleirado dunha piscina. O Concello ten en marcha as investigacións de cara a detectar a procedencia da vertedura e anuncia “sancións moi serias” para os responsables que provocaron o pasado xoves a morte de duciais de peixes que apareceron flotando na canle do río.
Os feitos detectáronse na tarde do xoves tras recibir a Policía Local numerosas chamadas alertando da aparición de peixes mortes que flotaban no río. Dende a Concellería de Medio Ambiente, que dirixe a edil Pilar Martínez deuse aviso a Augas de Galicia e solicitouse unha analítica a empresa Acivro no punto onde se detectou o vertido para coñecer cales eran as causas do suceso. Confírmase así que se trataría dun vertido de auga cun elevado contido de cloro polo que “todo a punta a que procedería do baleirado dunha piscina particular”.
Dende o Departamento de Medio Ambiente explican que se adoptarán todas as medidas precisas encamiñadas a determinar o lugar exacto de onde procedía este vertido e advirten que “non todo vale, a xente ten que ser consciente dos graves prexuizos que este tipo de actos causan no medio ambiente e, no caso de identificarse os culpables, adoptaranse as medidas pertinentes que inclúen sancións moi serias”.