O Concello de Redondela a través da cooperativa Noso será a encargada de guiar aos participantes por diferentes partes do territorio co obxectivo de dar a coñecer o seu patrimonio. A primeira das propostas será unha ruta por Monte Penide-Mirallo facendo parada nos seus xacementos e restos arqueolóxicos. Unha actividade de balde que combina o sendeirismo co coñecemento do territorio. As persoas interesadas tan só teñen que achegarse ás dez da mañá do domingo 16 no campo de fútbol de Cabeiro, lugar dende onde partirá o percorrido.
Unha actividade ao aire libre de baixa intensidade ao tempo que coñecemos a historia do patrimonio nas diferentes paradas que se irán facendo no percorrido, segundo nos explicaba Sergio Pereira, encargado de guiar o roteiro.
En total, un percorrido de 10 kilómetros de dificultade baixa que o fan accesible a case todo o mundo que queira participar. O único que hai que facer é achegarse este domingo ás dez da mañá no campo de fútbol de Cabeiro.
Unha actividade enmarcada no programa roteiros con historia que organiza a Concellería de turismo e que inclúe tres propostas máis: o 29 de xullo unha ruta nocturna aos petróglifos de Ventosela, o domingo 27 de agosto unha ruta ao patrimonio histórico de Rande e o sábado 2 de setembro unha nova andaina nocturna neste caso ao petroglifos de Monte Penide.