Vilar de Infesta celeb este martes e mércores súas festas na honra de San Bieito con actividades relixiosas e propostas festivas que confían en atraer a veciñanza da zona pero tamén doutras localidades veciñas porque se trata “dun Santo con moita devoción” segundo explica o presidente da comisión Fernando Crespo. Para financiar esta festa, así como a de San Martiño, celebran un concurso do máis enxebre: a bosta dunha vaca será a encargada de determinar o gañador dunha rifa nun evento que se desenvolverá o 9 de setembro no campo de fútbol da parroquia.
Na xornada de hoxe martes, logo das actividades relixiosas celebradas durante a mañá, está previsto ás 21:00 horas a actuación do grupo de baile Falcatruada de Vilar e a escola de baile Bambalina de Cabral. A continuación actuará o Carballo das cén pólas de Reboreda e o grupo de gaitas Aluarado. Pechará a xornada a verbena coa actuación da orquestra New York e a música rock dos Mostrencos.
Unhas actividades na honra de San Bieito, un santo con moita devoción na zona segundo nos explicaba o presidente da comisión, Fernando Crespo.
O mércores tras a misa das 12:30 haberá sesión vermú co grupo de gaitas O son do castro, actuación de Os Fillos D’Pile de Cabeiro ás 21:00 horas e a música da orquestra Finisterre a partir das dez da noite. Pechará as festas o Dj Anhell.
Ademais das colaboracións económicas das administracións e dos veciños, este ano celebran por primeira vez un sorteo moi “enxebre” o 9 de setembro no campo de fútbol de Vilar de Infesta “a cagada da vaca”, cun premio valorado en 2000 euros que será para aquela persoa que posúa o boleto numerado coa parcela no que a vaca deposite a súa bosta.
As bases do concurso, que se poden consultar no facebook da Comisión de festas de Vilar, recollen que o campo de fútbol dividirase en parcelas de un metro cadrado que serán numeradas de xeito aleatorio antes do inicio do sorteo, sendo a parcela gañadora “aquela na que a vaca deposite a primeira deposición”.