Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preto de 200 nenos e nenas de Sar e Choqueiras participan no Paredes Handball Cup 2023

balonman

Máis de cen xogadores e xogadoras das categorías base do club SAR Rodavigo e outros 70 do Club Choqueiras participarán neste Torneo Internacional de balonmán Paredes Cup, que deu comezo este mércores 13 de Xullo en Portugal e no que a representación redondelá é dobre. Un evento deportivo e festivo que reúne a atletas procedentes de Alemania, Áustria, España, Eslovenia, Francia, Xapón e Portugal.

O torneo, que se prolongará ata o vindeiro domingo, inclúe xogos de balonmán de sala e praia e supón un dos momentos álxidos do balonmán da península ao servir de punto de encontro para equipos procedentes de todas as partes do mundo. Son en total uns 3500 xogadores de 260 equipos de idades diversas os que se dan cita nesta localidade portuguesa o que supón unha festa multitudinaria en torno a este deporte.

Este é o sexto ano que a SAR redondelán participa con máis de 100 xogadores e xogadoras das categorías Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil. Estarán 5 días competindo polo Trofeo de Paredes pero tamén terán tempo de gozar con actividades, animación e a través da convivencia cos equipos doutras comunidades. Do mesmo xeito participan nenos e nenas da Choqueiras, club que desprazou dous autobuses a Paredes repetindo así unha experiencia na que participan dende o nacemento da entidade, hai xa catro anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará