Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rivas desminte ao BNG e asegura que instou aos nacionalistas a sentarse a negociar “ao día seguinte do pleno”

penorivas

A alcaldesa nega rotundamente as afirmacións do Bloque nas que aseguraban que levan unha semana “sen novas do goberno municipal” e afirma que “por responsabilidade e ante a necesidade de reconducir a situación do concello, ao día seguinte do pleno de organización do pasado xoves día 6, púxenme en contacto co BNG para tentar coordinar unha reunión e acadar un acordo para desbloquear a situación, sen recibir resposta ata o día de onte”. Finalmente a reunión convocouse para o vindeiro luns.

Digna Rivas amosa o seu malestar porque se estea “a polemizar” cun tema de tanta relevancia que compre solucionar canto antes para garantir o correcto funcionamento do goberno e amosa a súa total disponibilidade a negociar co BNG pero insiste “dende o minuto número un xa os convidamos a reunirse con nós para tentar chegar a un acordo, polo tanto non é certo que o BNG estea a dar o primeiro para que se dea esa negociación que dende o PSOE estamos a solicitar dende o pasado venres”.

A alcaldesa é consciente da necesidade de chegar a un entendemento que permita ao seu goberno traballar con normalidade, aínda que sexa en minoría, e pide sensatez a todos os grupos para poder aprobar tema de organización tan relevantes como as retribucións dos concelleiros e concelleiras así como a creación e retribución do persoal de confianza.

Pleno de organización

Lembramos que no pleno celebrado o pasado xoves día 6 o edil da Agrupación de Electores, Roberto Villar votou en contra de dous acordos de investidura entre PSOE e BNG que pasaban por deixar sen representación aos populares na Mancomunidade de Vigo e por incluír, entre o persoal de confianza, un asesor ao servizo dos nacionalistas. A resposta do BNG foi votar en contra da proposta de retribucións para os membros do goberno, o que supón que a día de hoxe os concelleiros e concelleiras da corporación estean sen cobrar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Pois hai dúas novas en Radioredondela sobre o mesmo tema, pero versións moi opostas. Quen minte, BNG ou PSOE?. Ogallá o resolva a periodista que asina a nova.

    Van ir ben as negociacións se xa un partido minte nisto. Ao final quen dará o brazo a torcer será AER.

    P.D: Quedaría mellor maquetada a nova se xustificásedes o texto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará