Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Taller e ruta en familia con xogos tradicionais galegos no Castelo de Soutomaior

mouras e meigas

A Deputación de Pontevedra organiza este sábado,15 de xullo un taller e unha ruta para descubrir moitos dos xogos tradicionais galegos, como a buxaina ou as bolas, e pasar unha xornada diferente en familia. A actividade, que forma parte do programa “Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior”, comeza ás 17:00 horas.

Durante a xornada amosaranse, a través de diferentes postos enmarcados no obradoiro “As cucañas”, os diferentes xogos, dando a coñecer a súa tradición en Galicia. Todas as familias participantes terán a posibilidade de interactuar cos xogos, probar e converterse en xogadores e xogadoras expertos por un día.

“Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior” é unha programación de actividades que abrangue visitas teatralizadas, obradoiros, contacontos e roteiros para familias con nenas e nenos baseadas nas lendas, os oficios tradicionais e as tradicións da provincia. As familias pódense achegar á mitoloxía popular da provincia, xogos tradicionais, oficios artesanais, seres mitolóxicos ou tradicións coma os maios, as herbas de San Xoán, a vendima ou o Samaín. Ofértanse en total 360 prazas.

Trala actividade deste sábado o programa continúa o domingo 6 de agosto cun obradoiro sobre os oficios tradicionais, o sábado 19 de agosto cun taller infantil de cociña, o sábado 2 de setembro cun obradoiro de vendima, o sábado 28 de outubro coa celebración do Samaín e, por último, o sábado 4 de novembro coa celebración do Magosto. As entradas para as actividades están dispoñibles en entradas.castelodesoutomaior.com, a un prezo único de 8 € (que inclúen a entrada ao Castelo, valorada en 5 €) e cada actividade conta cun total de 30 prazas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará