Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Morre o condutor dunha grúa nun accidente laboral nas inmediacións do taller de Quintela

suceso quintela

As primeiras informacións apuntan a que o home quedou atrapado entre o seu vehículo e un muro mentres realizaba as labores de descarga dun coche. O suceso tivo lugar nas inmediacións do taller de Quintela que se atopa fronte o tanatorio de Tanamañó ao redor das nove da mañá. Varias testemuñas alertaron aos servizos de emerxencia que, unha vez no lugar, só puideron confirmar o falecemento do traballador.

O 112 Galicia tras recibir as chamadas activou un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os bombeiros de Vigo e O Porriño, o GES de Mos, o SEIS de Redondela e os axentes da Policía Nacional e Local. Tamén se informou os membros de Protección Civil. Os servizos de emerxencia alí desprazados – SEIS de Redondela e GES de Mos- procederon a liberar o corpo do falecido unha vez chegou a forense e se decretou o levantamento do cadáver.

A vítima, un home veciño de Vigo de 67 anos de idade, quedou atrapado ente a grúa e un muro como consecuencia do desprazamento da plataforma que portaba o vehículo o que lle provocou un golpe fatal na cabeza. Un terrible accidente que lle custou a vida. Dáse a circunstancia de que o operario estaba a piques de se xubilar e era o primeiro día que se reincorporaba a esta empresa para completar o periodo de cotización.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará