Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela proxecta a posta en marcha dun refuxio de felinos e fai unha chamamento á adopción

campaña gatos

A concelleira de Medio Ambiente, Pilar Martínez e o concelleiro de sustentabilidade, Roberto Villar, solicitan á cidadanía a que colaboren adoptando animais de compañía que están a seren rescatados das rúas. O último caso é o dunha gata que foi recollida logo de que uns peregrinos alertaran da súa presenza e que, tras pasar por unha clínica veterinaria e recuperarse, está xa en condicións de entregarse a unha familia responsable para o seu coidado.

Dende o Concello afirman que o seu obxectivo a medio prato é contar cun refuxio en Redondela pero insisten en que a adopción é imprescindible para poder darlle a eses animais un fogar en condicións “se a veciñanza on vota unha man é moi complicado xestionar a recollida de animais, é preciso que eses animais unha vez recuperados pasen a mans das familias”.

Roberto Villar, concelleiro de Sustentabilidade Ambiental

Villar lembra ás persoas interesadas en adoptar un gato que se poñan en contacto co concello (986 400300) e que o animal seralles entregado “esterilizado, coas vacinas necesarias e incluso con comida para os primeiros días”

A concelleira de sanidade alerta dos problemas sanitarios que pode conlevar a existencia de camadas e animais abandonados –parasitos, enfermidades- e insiste na necesidade da castración xa que ao non estaren esterilizados iso supón un incremento exponencial de gatos na rúa.

Pilar Martínez, Concelleira de Medio Ambiente
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará