Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Redondela FS anima a nenas e mozas a practicar fútbol sala

FSredondelaFeminino

Un dos equipos femininos do Redondela FS

O fútbol sala conta con moita historia e tradición en Redondela e en toda a bisbarra. No caso do Redondela FS, con máis de 30 anos de historia, o club sempre se caracterizou polo traballo coa canteira. Centos de nenos, e cada vez máis nenas, teñen pasado polas categorías inferiores do club. Pero as fichas femininas aínda son minoría. Rolan, directivo do club, sinala que ata a categoría infantil os equipos poden ser mixtos, polo que nenos e nenas poden xogar xuntos. Cando chegan a cadetes os equipos deben ser totalmente masculinos ou ben femininos, xa que xogan en ligas diferentes. E aí chega o problema. Rolan explica que cando chegan a esa categoría en moitas ocasións non hai rapazas suficientes para conformar un equipo, o que complica a continuidade das mozas neste deporte. Por iso fai un chamamento a todas as nenas e mozas que teñan interese por este deporte a poñerse en contacto co club. Esta disciplina está en auxe, e son moitos os clubs e as xogadoras galegas que están a despuntar no panorama nacional.

O club fai un chamamento a nenas e mozas para que practiquen fútbol sala

En canto ao primeiro equipo masculino, descendido este ano á liga autonómica, será o propio Rolan xunto con Peli o que se faga cargo do equipo. Como adestrador seguirá a filosofía do club de apostar pola canteira e consolidar o grupo.

Rolan e Peli serán os técnicos do equipo masculino de autonómica

A primeira cita do equipo será en agosto coa Copa Galicia. Xogarán a previa ante o Pazos de Borbén o día 27.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará