Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR mantén o bloque de xogadores e técnicos para a próxima tempada

SAR.Tecnicos

A unhas semanas de comezar a pretempada o club SAR BM ultima as fichaxes e renovacións para a próxima campaña. Os equipos de máxima categoría feminino e masculino renovaron xa aos seus técnicos. Verónica Posada será a encargada de dirixir o equipo de División de Honra Prata Feminino e Manuel Fernández fará o propio co conxunto masculino descendido a Primeira Autonómica. A maioría das xogadoras e xogadores renovaron tamén co club, polo que o presidente Aurelio Krook “Lito” amósase optimista de cara á proxima tempada.

Aurelio Krook “Lito”, presidente do club SAR BM

Na SAR Plastic Omnium, Manuel Fernandez fala dunha tempada “moi ilusionante” co reto de devolver ao equipo a Primeira Nacional. Con todo, o presidente afirma que “non hai présa” e que o obxectivo é “facer un bloque” e incorporar aos novos xogadores.

No caso da SAR Rodavigo, a adestradora amósase satisfeita coa progresión das xogadoras máis novas, que xunto ás veteranas fan un equipo moi compensado. A directiva afirma estar “moi orgullosa” de ter este equipo na elite do balonmmán logo de sete temporadas en DHPF “unha categoría na que non é nada doado manter”, sinala Krook.

O equipo xa ten calendario para a campaña 23/24. Empezarán la liga cun Derbi Galego na casa fronte ao AD Carballal o 17 de setembro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará