Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Caos en Chapela por un semáforo avariado

semáforo

O sinal luminoso, situado na Avenida de Redondela xa nas inmediacións co límite con Vigo, permaneceu en vermello durante preto dunha hora o que provocou longas ringleiras de vehículos que estiveron sen avanzar ata que unha patrulla da Policía Local de Redondela se desprazou ao lugar para regular o tráfico. A circulación recuperou a normalidade ao redor das doce do mediodía.

Todo apunta a que un apagón tería estragado o semáforo, que quedou permanentemente coa sinal en vermello para os vehículos que se desprazaban pola Avenida de Redondela ao redor das once da mañá. Foron numerosas as chamadas que alertaban da situación ao servizo da Policía. Unha patrulla desprazouse ao lugar para regular a circulación. Tamén se desprazaron ata alí os electricistas municipais que, ante a imposibilidade de arranxar o semáforo, optaron por apagalo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará