Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes programa cinco días de festa para honrar a Virxe do Carme

festas carme

A programación das festas arranca este venres co festival “Cesunset” unha festa da xuventude con Djs e música organizada en colaboración coa discoteca Diva. As verbenas arrancarán o sábado coas orquestras Olympus e La ola ADN e seguirán ata o martes, día no que o grupo Pentágono será o encargado de pechar a festa deste ano.Os actos relixiosos e, en especial a procesión por mar na tarde do sábado, completan o programa dunhas celebracións que teñen como escenario principal a praia de Cesantes.

A cita máis especial será o sábado coa procesión por mar. Os máis de vinte barcos participantes partirán dende Vigo por unha cuestión organizativa e debido ao gran calado das embarcacións, mentres que o Novo Herminia, encargado de portar a imaxe da Virxe, sairá dende Cesantes. De xeito ordenado atópanse na ría e fan unha “coreografía” no mar  que remata coa tradicional ofrenda. A procesión será ás seis da tarde pero as persoas que queiran embarcar deberán estar en Vigo unha hora antes.

Juan Ángel Alonso, Comisión de Festas

Malia que o día do Carme é o 16 de xullo, as festas organízanse en base ás mareas, para facilitar así a celebración desta procesión que é “o acto central e que se vive dun xeito moi intenso nunha parroquia vencellada intimamente co mar”, segundo explica o secretario da Comisión, Juan Angel Alonso.

Na noite do sábado actuará o grupo Olympus e La ola ADN e xa o domingo haberá misa cantada pola coral Ondas do Mar de Vigo e música dos grupos Marbella e Bomba de Canarias. A festa nocturna seguirá o luns con verbena amenizada co grupo Assia e Los coleguitas. O martes, última xornada de festa haberá procesión por terra dende a Punta da Praia ás sete da tarde e verbena de clausura co grupo Pentágono.

Unha programación de cinco días que supón un investimento importante polo que dende a comisión dan as grazas á veciñanza da parroquia así como as casas comerciais colaboradoras e aos propietarios desa “leira parking” que lles ceden o uso da finca para poder así obter uns ingresos que supoñen unha axuda importantísima para financiar as festas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Me parece muy mal a decisión dos patrons en decir que non teñen calado xa que son os mismos barcos de siempre e si o novo Herminia entra a coller a virgen os outros tamen hentran xa que son do mismo calado e para ixo se buscan as mareas pleamares ahora o que non xave e como quen non mira polo que se ve se quere perder a tradición pero bueno están no seu dereito pero para iso que non fagan nada e que non engañen a xente me parece muy mal eu como mariñeiro sitio así.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará