A programación que organizan conxuntamente as concellerías de Medio Ambiente, Turismo e Sustentabilidade buscan ofertar actividades de ocio que servan para recuperar o contacto coa natureza e promover que as familias, veciños e visitantes se acheguen a Redondela e aos nosos espazos naturais.
A programación, que arrancou a inicios de mes, continúa esta semana cun paseo en bicicleta que permitirá coñecer a senda da auga con saída dende o centro cultural Chan das Pipas o mércores ás 18:00 horas e regreso as 21:30. As prazas son limitadas polo que as persoas que desexen participar, completamente de balde, deben inscribirse no 986 401713 ou no enderezo turismo@redondela.gal.
As últimas propostas para este mes inclúen un percorrido en caiac pola Portela este xoves 27 e un actividade de orientaventura o venres 28 que pechará este programa de turismo ecolóxico e educación medioambiental. Consistirá nunha proba de orientación na que se aprenderán tamén detalles do noso patrimonio. Orientado a familiaas e nenos de 7 a 16 anos desenvolverase o venres 28 a partir das 21:30 horas en Cesantes, con remate previsto para as 23:00 horas.