Hoxe luns a festa nocturna contará con verbena amenizada co grupo Assia e Los coleguitas. O martes, última xornada de festa haberá procesión por terra dende a Punta da Praia ás sete da tarde e verbena de clausura co grupo Pentágono.
Dende a organización salientan que son moitos os mariñeiros que traballan en diferentes caladoiros e que nestas datas regresan a casa aproveitando a festividade do 25 de xullo e participando tamén desas celebracións na honra dunha Virxe vinculada intimamente co mar e coa parroquia de Cesantes
Unha programación de cinco días que supón un investimento importante polo que dende a comisión dan as grazas á veciñanza da parroquia así como as casas comerciais colaboradoras e aos propietarios desa “leira parking” que lles ceden o uso da finca para poder así obter uns ingresos que supoñen unha axuda importantísima para financiar as festas.