Unha carpa acollerá aos preto de dous mil comensais que se achegarán a este concello a degustar uns pratos elaborados de xeito artesanal con carne de animais criados en liberdade, produtos que se poderán degustar no lugar acompañados de patacas fritidas e pan a prezos populares malia que un chisquiño máis altos que en edicións anteriores -entre os 5 e os 8 euros- ou levalos para casa “cociñados ou sen cociñar”.
Unha celebración gastronómica que reúne a centos de veciños e visitantes e que celebra este domingo a súa XIX edición “máis que consolidada, abalada pola elevada calidade do produto e uns comensais que marchan sempre moi satisfeitos” explica dende a organización Cayetano Tamaño. Durante todo o día haberá música coa Charanga Radio tropical a partir das doce do mediodía, mentres que pola tarde as actividades correrán a cargo da Coral Voces Fornelenses ás 17:30 e a actuación da Escola de Baile CDM ás seis.
O remata da festa correrá a cargo da agrupación musical Trío Azabache.
Unha cita que supón o arranque da semana cultural que se vive neste concello veciño e que inclúe a XXII edición do festival folk que terá lugar o sábado 5 na Praia fluvial de Fornelos coa actuación de a Banda de Gaits do Concello, o grupo Sin Son e, como prato forte, a música de Anxo Lorenzo.