Unha das excursión realizadas no campamento de verán da SAR
A vindeira semana, o martes 1 de agosto, arranca o campamento de verán Campus Concilia Balonmán, que organiza o club SAR, e que rematará o 7 de setembro. A actividade é de balde, con campamento de luns a xoves en horario de 9.30 a 14.00 horas. O presidente do club, Aurelio Krook “Lito”, explica que o obxectivo deste campus é ofrecer ás familias unha alternativa para conciliar a súa vida laboral coas vacacións escolares.
Deste xeito nenos e nenas de 5 a 12 anos de idade poden practicar balonmán e tamén outros moitos deportes, facer excursións e xogos con monitores cualificados. Os teléfonos de información son 687.203.926, 647.570.788 ou 656.838.085. A inscrición pode facerse a través do enlace da SAR
A actividade está financiada pola Secretaría Xeral para o Deporte dentro do Plan Corresponsables.