Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela-Wofco da LGT-F remata xullo invicto

RemoFEmininoChapela

Imaxe da traiñeira de Chapela nunha regata anterior. Foto: MAChremo

A falta de tres regatas da Liga Galega de Traiñeiras Feminina a embarcación de Chapela impúxose en todas as citas. As remeiras de Arealonga gañaron as oito bandeiras disputadas ata o de agora, e fixérono con moita superioridade. Esta fin de semana ondearon a V Bandeira Reganosa en Mugardos e a VIII Bandeira Concello de Oleiros. Lideran a xeral con 56 puntos, moi por diante dos 44 que suma Mugardos-Cabana e os 33 de Rianxo. Excelente papel está a facer tamén a traiñeira Cesantes-Cefycal, do CCD Cesantes, que compite nesta categoría por primeira vez na súa historia e ocupa o 4º posto na xeral da LGT-F

Ares domina a LGT-A

Ares gañou en Boiro a súa cuarta bandeira seguida, unha proba na que Chapela foi segunda e Tirán, quinta. Ares suma xa 13 punto máis que os seus seguidores. O barco de Arealonga está tamén na cabeza da táboa, pero a moita distancia. O Chapela-Wofco fixo onte unha gran regata e superou a Bueu por 24 centésimas. Na xeral ocupan a 5ª praza logo do revés das semanas pasadas, con descalificación e penalización incluída. O oputro barco redondelán, o Cesantes-Rodavigo, rematou onte no 7º posto, o que o deixa 9º na xeral. Bo resultado para a “Illa de San Simón” que ten asegurada a permanencia.

Muros e Mugardos encabezan a LGT-B

A Liga Galega B completou a súa primeira fin de semana con dobre regata coa Bandeira Concello de Oleiros. Muros-Esteirana volveu dominar e mantense na cabeza da xeral con 35 puntos. Por detrás está Mugardos-Cabana con 30 puntos, e completa o podio Amegrove, pero a embarcación meca xa está longo con 22 puntos. O Chapela-Wofco B, que o sábado fora 3º en Mugardos, non pasou do 5º posto onte en Oleiros, pero mantén a cuarta praza na xeral con 19 puntos.

A próxima fin de semana a única cita da Liga Galega de Traiñeiras será nesta categoría. O Chapela-Wofco B ten unha cita no Porto de Muros. Será o sábado día 5 coa VII Bandeira Muros de San Pedro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará