Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno de Rivas tentará aprobar os salarios dos concelleiros nun novo pleno extraordinario

pleno

Supón o segundo intento da alcaldesa por acadar unha maioría suficiente que lle permita aprobar as retribucións dos edís tanto do goberno como da oposición así como sacar adiante a aprobación do persoal de confianza, entre os que se inclúen dúas persoas a servizo do goberno –coordinador de concellerías e responsable de comunicación- así como un asesor que estaría a servizo do BNG, tal e como así acordaron PSOE e BNG no pacto de investidura. O pleno extraordinario celebrarase este martes ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira.

Digna Rivas tentará este martes lograr o voto positivos tanto do concelleiro de AER como dos edís do BNG para poder así sacar adiante este pleno de organizacións que supón o seu segundo intento de aprobar os salarios dos concelleiros, quen a día de hoxe están a traballar sen recibir ningún tipo de remuneración económica.

No seu primeiro intento foron dous os escollos que escenificaron na sesión. Por unha banda a petición do Bloque de que o PP non contara con representación na Mancomunidade de Vigo, proposta que o edil de AER votou en contra. Nesta ocasión parece que os nacionalistas cederon e aceptarán que todos os partidos presentes na corporación conten con voz nese órgano supramunicipal.

Tamén se “renegociou” a posibilidade de que o BNG conte cun asesor ao seu servizo, un cargo de confianza cuxa aprobación precisa cando mesmo da abstención do edil de AER para saír adiante e que viña “no mesmo pack” que o responsable de comunicación e a persoa encargada de realizar labores de secretaría da alcaldía.

Dende AER adiantan que facilitarán a aprobación do persoal de confianza solicitado polos nacionalistas pero a cambio “reclamamos ao BNG que asine un documento no que se comprometan a traballar pola estabilidade do goberno, favorecendo a aprobación de diferentes cuestións como poida ser a modificación da taxa do lixo” apunta Cuni Orge.

Pola súa banda dende o BNG confían en que os acordos se ratifiquen no pleno da mañá “tendo en conta que se negociou conxuntamente co equipo de goberno –PSOE e AER- e houbo boa sintonía en todos os puntos que irán a este pleno de organización” explicou a edil Jessica García.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Non comprendo;
    O BNG acepta algo democrático como que os sillóns da mancomunidade de Vigo sexan ocupados polas forzas políticas con representación no concello de Redondela.

    En cambio AER compralle ao BNG-PSOE que o BNG teña unha persoa de confianza que faga o traballo que teñen que facer os 3 concelleiros do BNG.

    Non comprendo.

    Farase público o acordo para a aprobación desa persoa de confianza? O BNG non é moi transparente co que negocia, aínda nada se sabe do acordo co PSOE.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará