Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O mellor rock na décima edición do Festival Berete Rock de Chapela

berete rock

O rock volve ser o protagonista dunha tarde noite “potente” que se vivirá o sábado 5 de agosto no paseo marítimo de Chapela. Aphonnic, Keltoi!, The Lelli Kelly´s, The Soul Jacket e Monstrencos son as bandas elixidas para o cartel desta décima edición que, como en anos anteriores, será de acceso libre e de balde.
Unha festival que organizan a Asociación Berete Rock xunto co concello, a través da Concellería de Cultura, e que xa é “todo un referente no calendario galego do rock”.
“Este festival é unha das citas máis importantes do ano e este goberno mantén o seu compromiso con todas as asociacións e colectivos para que, cada ano se supere a oferta cultural do noso municipio ” asegurou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, na presentación do X Berete Rock.
“O ano pasado retomouse este festival, tralos anos da pandemia, e grazas a ilusión e o traballo da asociación Berete Rock, esta décima edición será un referente da música rock en toda Galicia que se ten convertido nun festival con nome propio e cita imprescindible para os amantes dun xénero que non sabe de idades”.
Bandas participantes
Aphonnic, banda galega de metal alternativo procedente de Vigo. Nacidos no 2001comezaron cun son moi próximo ao un metal con letras en inglés relacionados con todo tipo de problemas sociais. A partir do seu terceiro disco cambiaron o inglés polo canstelán e en traballo posteriores comezan a introducir tintes de matalcore na súa música.
Keltoi! es una banda de street punk e Oi! formada en Vigo en 1995, que logo desaparecer durante uns anos rexurdiron novamente con letras en galego e ideas antifascistas que reivindican nas súas composicións.
The Lelli kelly´s fúndase no Morrazo ano 2016 coma banda de versións onde mesturan rock’n’roll, punk e R&B. Dende que no 2017 comezaran a compoñer temas propios non deixan de rodar e tocar por festivais en toda Galiza coma “Surfing the Lerez”, “Morrasound rock fest”, “Festival Antrospinos” ou “Ponte Louco”.
The Soul Jacket, banda de rock and roll clásico con cadencia rythm & blues que enriquece a súa música con sons negros. A banda nace entre Vigo e Nigrán no ano 2004.
Monstrencos, banda nacida en Vigo centran o seu repertorio en versión clásicos do rock and roll tanto españois como estranxeiros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará