A praia fluvial de Fornelos de Montes acolle este sábado día 5 de agosto unha xornada de convivencia, festa e música onde se poderá degustar polbo e churrasco na carballeira e arredores da praia. Degustacións con acompañamento musical a cargo de diferentes charangas e grupos de gaitas.
A partir das 21:30 celebrarase o Festival Folk que chega a súa XXII edición cun cartel que inclúe a Banda de Gaitas do Concello, o grupo Sin Son e o gaiteiro Anxo Lorenzo. Gañador de varios premios internacionais ofrecerá a súa musica intensa que o levou a colaborar con grupos e artistas internacionais como The Chieftains, Gwendal o Alasdair Fraser.