Hoxe é Xoves 19 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Á praia en autobús

playacesantes-1140x570

Este mes de agosto haberá tres servizos de ida e cinco de volta entre diferentes puntos do municipio de Redondela e a praia de Cesantes. O servizo ofrécese de luns a venres. A liña de transporte público interurbano da Xunta para facilitar os traslados ao areal da Punta ten saída ás 15.45 horas co traxecto Cedeira-Redondela-Praia de Cesantes, con paradas en Cedeira (O Cruceiro), Redondela (A Farola, Fonte de Santiago, ambulatorio), Cesantes (Cruceiro), San Pedro de Cesantes, Alto de Cesantes e Praia da Punta de Cesantes. Para a volta ata a parroquia de Cedeira están dispoñibles tres servizos ao día, con saída do areal ás 19.00, 19.45 e 20.15 horas.

As outras catro expedicións realizan o traxecto Redondela-Praia de Cesantes, mantendo o resto das paradas intermedias. Para a ida, os servizos saen da parada Redondela (A Farola) ás 13.00 horas e ás 16.30 horas e, para a volta, o autobús sae do areal ás 13.15 e ás 16.15 horas.

Con esta oferta de servizos de autobús a Xunta propón unha alternativa ao vehículo particular, evitando a saturación de tráfico e as emisións contaminantes nos desprazamentos ás praias.

Nestes servizos, como en todos os autobuses da Xunta, os menores de 21 anos poden viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova. Máis de 1.700 mozos e mozas de Redondela xa dispoñen da súa tarxeta. Tamén o resto de usuarios do transporte público da Xunta poden beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

Os horarios dos autobuses da Xunta e toda a información relativa aos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará