Desde o pasado venres o Concello de Redondela recomenda non bañarse na praia de Arealonga debido a unha contaminación temporal da auga por esterococos intestinais ou Escherichia Coli. A última analítica realizada pola Consellería de Sanidade realizouse cunha mostra de auga tomada o pasado 1 de agosto. O resultado, logo dos perceptivos cultivos, arroxou uns parámetros máis altos do normal en bacterias fecais. É o segundo episodio desas características que se rexistra no areal de Chapela este verán, que tamén estivo pechado ao baño durante varios días do mes de xuño. A concelleira de Sanidade, Pilar Martínez, explica que o areal abrirase ao baño en canto os resultados das analíticas o permitan “coa maior brevidade posible”. A Consellería de Sanidade, responsble das analíticas, tomou onte domingo unha nova mostra da auga de Arealonga, e Martínez confía en que mañá martes poida coñecerse o resultado “xa que se precisan un mínimo de 48 horas para obter os resultados dos cultivos microbiolóxicos”.
A Concellaría de Medio Ambiente está a buscar a orixe da contaminación, que podería proceder dalgunha vertedura puntual nalgún dos dous ríos que desembocan nos extremos da praia ou mesmo da depuradora de Teis, responsabilidade do Concello de Vigo e situada a escasos cen metros da praia de Chapela.
Unha resposta
No chega con especular.seria mellor traballar en descrubir de donde procede e non privar a os vecinos da playa ano tras ano dun baño y que os empresarios da contorno podían facer o ser agosto e así podían pagar os seus impostos….eso ayudaría a que no nos costará tanto as subidas de soldo dos políticos de redondela….estamos fartos de tanta ineptitud e pasotismo dos politicos