Hoxe é Venres 20 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O León de Redondela renova co Celta

Miguel CElta

O Celta oficializou onte  a renovación de Miguel Rodríguez ata o 2028 tras a cal o xogador volve ao campo coa primeira equipa. O futbolista de 20 anos estaba ás ordes de Rafa Benítez desde o pasado 3 de xullo e foi convocado para o duelo fronte ao Arenteiro despois de recibir o alta dunha escordadura que lle facía perderse os amigables ante o Benfica e o Olympique de Lyon, participando só ante a equipa de Arabia Saudita, Al Nassar.

Esta é a décima tempada do “León de Redodnela” co club vigués, ao que chegou procedente do C.D.Choco, despoi de pasar tamén polo Casa Paco. Logo de debutar na máxima categoría do fútbol co Celta, segue a estela doutros canteiráns redondeláns que tamén vestiron a camisola celeste como Pablo Couñago, Iago Bouzón ou Mateo Míguez. Pero ademais é un dos xogadores máis novos en acadalo. Miguel Rodríguez, que xa disputou un total de seis encontros co primeiro equipo, estreouse en partido oficial na campaña 2019-20, con tan só 17 anos. O canterano, está considerado como “unha das grandes perlas que deu A Madroa nos últimos anos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará