Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As remeiras de Chapela ceden a VII Bandeira Feminina Cidade de Ferrol

366045011_771616928302927_1275042833577040296_n

Esta fin de semana celebráronse a VII Bandeira Feminina – Cidade de Ferrol V memorial Miguel Derungs no  Porto de Curuxeiras e a Bandeira Concello de Moaña no Peirao da Nosqueira.

Imbatibles ata o momento e coroadas como Campioas de España 2023, as de Chapela conseguiron un cuarto posto, sendo a primeira derrota da tempada. A pesar deste resultado seguen seguen estando de primeiras na clasificatoria cunha diferenza de 9 puntos sobre as segundas. A vitoria desta última regata foi para Mugardos-Cabana Ferrol , o único equipo que baixou o cronómetro dos 24 minutos. Na meta seguíronlle Rianxo e Cesantes-Cefycal, este último cun ascenso imparable dende mediados de xullo que as sitúa nun cuarto posto da clasificatoria global.

Os atletas da tripulación da SD Tirán-Pereira, anfitrións da regata, foron campións na XLI Bandeira Concello de Moaña de traiñeiras, cunha excelente exhibición en duelo directo co CM Bueu e cunha igualdade total ata o último longo. En canto a CR.Chapela-Wofco que gañou a segunda manga, foi cuarto na xeral, seguíronlle Rianxo, Cabo de Cruz e Mecos.

Tamén se celebrou a pasada fin de semana, nos peiraos de Aguiño-Riveira, as probas da liga B correspondentes á I Bandeira Masculina Concello de Riveira, cunha vitoria firme do CR.Muros-Esteirana que foi o único equipo en baixar o crononómetro dos 22 minutos e asegurar así a súa vitoria e ascenso. Nesta proba da liga B, o segundo posto foi para Chapela-wofco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará