Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido en Ventosela por amputar parte dun dedo ao seu avó dunha chantada

policia

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron na tarde de onte a un mozo de 26 anos veciño de Ventosela por un delito no ámbito familiar. Foi por mor dunha discusión entre o mozo e o seu pai na que tentou mediar o avó, e o agora detido mordeulle nunha man. A trabada provocoulle unha semiamputación do dedo polgar da man esquerda.

A Policía Local tivo coñecemento dos feitos logo de recibir unha chamada dende o servicio de urxencias do Centro de Saúde de Redondela, onde informaban do sucedido. Entrevistados coas partes implicadas, os axentes acudiron ao domicilio onde aconteceran os feitos e detiveron ao varón. O avó, de 76 anos de idade, foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Cirula en dirección contraria e triplica a tasa de alcoholemia

Un conductor é investigado logo de arroxar un resultado positivo nas probas de alcoholemia. Os feitos, aconteceron na madrugada do martes. Varios condutores chamaron á Policía Local alertando dun vehículo que circulaba de xeito errático pola N-550 invadindo o carril contrario por momentos, en sentido O Porriño. A patrulla da Policía Local conseguiu darlle o alto xa no termo municipal de Mos. Feitas as probas de alcoholemia o condutor arroxou un resultado positivo de 0,65 mg/l, o que case triplica a taxa permitida ao volante, que se sitúa en 0,25 mg/l. Os axentes deron aviso á Garda Civil de Tráfico do Porriño, ao ser unha demarcación que lle corresponde, facéndose cargo do atestado por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará