A SAR Rodavigo celebra, este xoves 17 de agosto, o seu primeiro partido da tempada. Medirase co Oliveira&Faro Saeplast Cañiza no Pavillón da Bomboneira ás 20:30 horas, con motivo dos Cuartos da Copa de Galicia.
O inicio da Copa Galicia 2023 supón o comezo da tempada 2023-24 do balonmán galego.Este ano, a competición presenta un formato diferente debido aos condicionantes provocados polas datas de incio das ligas nacionais.
Tanto a categoría sénior masculina coma a feminina desenvolverase nun formato de cuartos de final que enfrontará aos equipos en función da súa clasificación da tempada pasada; na masculina masculina participarán o equipo de División de Honra Prata e os sete mellores clasificados de Primeira Nacional; mentres que na feminina, participarán os seis equipos de División de Honra Prata e os dous mellores clasificados da autonómica.
A competición comezou o 12 de agosto e mañá xoves 17 terá lugar o primeiro partido da SAR na Copa Galicia contra Balonmán Cañiza ás 20:30 horas da tarde no Pavillón da Bomboneira.