Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O remo de Redondela protagonista no Teresa Herrera

HerreraFeminino

Podio co ouro de Chapela, a prata de Rianxo e o bronce de Cesantes. Foto Remeirando

O Chapela-Wofco fíxose co título feminino na Bandeira Teresa Herrera, mentres as remeiras de Cesantes foron terceiras. Na categoría masculina Chapela-Wofco foi subcampión, por detrás de Ares.

A Bandeira Teresa Herrera reuniu onte na Coruña ás cinco traiñeiras femininas e ás dez masculinas clasificadas para as finais. Logo de inaugurar a xornada coa tradicional homenaxe á xente do mar cos remos en alto ao son da Salve Mariñeira, os equipos femininos comezaron a competición. O barco de Chapela foi o único e absoluto protagonista. Líderes indiscutibles da LGT-F deron unha lección de superioridade e Rianxo só lles puido aguantar o ritmo no primeiro longo. Cesantes-Cefycal, recén estreadas na competición esta temporada, fixeron un terceiro posto, e mesmo puideron aspirar a máis ao poñerlle as cousas complicadas ás de Rianxo, xa nos últimos metros as redondelás apuraron o ritmo e achegáronse con perigo ás do Barbanza. Excelente resultado para o barco do CCD Cesantes, que deixou moi atrás a Salgado Perillo e a Mugardos-A Cabana Ferrol.

Ares triunfou na final masculina, que se disputou en contrarreloxo pola presenza das ondas. Desde a primeira virada diferenciáronse dous bloques: na parte máis lenta Samertolameu, Cabo, Muros-Esteirana, Rianxo e Mecos e por diante Chapela-Wofco, Tirán Pereira, Castropol, Ares e Bueu-Simei. A piques estiveronos de Chapela de facerse co título, logo facer un crono de 20.43, pero Ares remontou a desvantaxe cos de Redondela e superou con marxe ese tempo, finalizando en 20.35. Tirán-Pereira foi terceira.

O equipo masculino de Chapela foi subcampión. Foto Matchremo
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará