Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Empresarios de Redondela promoven unha marca turística propia para a bisbarra

Ensenada-de-San-Simón-e1681379375546

A Asociación de Empresarios de Redondela leva tempo traballando coas empresas asociadas do sector turístico con iniciativas para planificación e promover o turismo no municipio. O presidente do colectivo, Enrique Lago, explica que os elementos do patrimonio industrial que alberga a zona, o seu litoral no espazo da Rede Natura, a riqueza forestal e histórica ou a confluencia dos Camiños de Santiago na vila son valores “moi singulares e significativos”. Por iso están a promover que Redondela e a súa bisbarra se configuren a nivel comarcal “como un destino turístico diferenciado” dentro do xeodestino Ría de Vigo-Baixo Miño. O obxectivo é traballar conxuntamente entre as entidades privadas e públicas para promocionar esta “identidade propia” dos municipios do fondo da ría de Vigo. Propoñen un plan estratéxico concreto para a zona con Redondela como cabeceira de comarca.

Enrique Lago, presidente dos empresarios de Redondela, propón crear unha marca turística propia

Lago urxe a poñer en marcha canto antes un plan de actuación baseado nunha estratexia conxunta e coordinada de todos os axentes públicos e privados con competencias e interese no sector. Sinala que é necesario ter en conta a situación privilexiada da Enseada de San Simón e a súa contorna, un espazo natural que debe ser proptexido, polo que a actividade debe ser sustentable e respectuosa co medio. Recursos como as illas e a enseada de San Simón, o museo Meirande, os restos do castelo e a propia ponte son valores que poden axudar a desestacionalizar o turismo e evitar a masificación.

Apostan por un turismo sustentable e desestacionalizado

Outro aliado de Redondela e a súa comarca para ser un éxito como destino turístico é o clima. O quecemento globat está a levar aos viaxeiros a buscar lugares con temperaturas suaves, como é o caso da ría de Vigo. Por iso os empresarios advirten que cada vez serán máis os turistas que escollan Galicia e as Rías Baixas como lugar de vacacións “o que fai preciso unha planificación a medio e longo prazo”.

O cambio climático fai que o norte da península sexa un destino turístico preferente

Os empresarios redondeláns xa se reuniron co novo Director da Axencia de Turismo de Galicia, Jose Manuel Merelles, ao que lle explicaron a súa iniciativa. O responsable autonómico aposta pola coordinación tamén coa Deputación de Pontevedra para por en marcha as iniciativas para a valorizacion dos recursos turístico do territorio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará