Jose Tizón e o seu corpo técnico ultiman o equipo que competirá esta tempada na Preferente. Nesta ocasión centrasen no medio campo, coa incorporación do senegalés Seydou Drame. O xoven xogador estaba a facer a pretempada co equipo choqueiro polo que ““xa estou integrado no vestiario. Teño moi bos compañeiros, sempre que poden me axudan”.
Un xogador, con experiencia na Preferente xa que xogou a tempada pasada no Moraña CF. Según palabras do míster redondelá Seydou “é un perfil que non tíñamos, e penso que nos virá ben porque é un centrocampista con moito recorrido, moi forte e é un gran recuperador de balóns e con moi bo xogo aéreo”, afirma o adestrador.
Seydou chega coas ideas claras tanto a nivel persoal “a miña intención sempre é a de aprender do equipo e mellorar como xogador para intentar subir máis o meu nivel” como a nivel de equipo “creo debemos de loitar para conseguir o ascenso. Sempre escoitei co CD Choco é un equipo de Terceira RFEF e en nós está o poder conseguilo, é máis, creo que temos un equipo para ascender”. Aínda así, coñecedor de cómo é a categoría Drame asegura que “é moi compricada pero con actitud e esforzo se pode lograr o que nos propoñamos”