Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un mozo en Chapela que ameazou á policía con varios coitelos

SucesoCoitelos

Coitelos intervidos por parte da Policía Local de Redondela

Policía Local de Redondela acudiu na tarde de onte a Chapela logo de recibir unha chamada alertando que un mozo en actitude agresiva tentaba acceder ao domicilio da súa nai mentres ela estaba no interior. O rapaz, de 20 anos de idade, tentaba derrubar a porta a golpes. Cando os axentes chegaron ao domicilio a muller xa conseguira saír do interior da casa. O mozo, que permanecía dentro, ameazou aos axentes con varios coitelos “se se achegaban”. Nun primeiro momento desatendeu as advertencias da policía para calmarse, se ben despois accedeu a falar cunha das axentes dentro da casa. A axente conseguíu tranquilizar ao mozo e foi quen de sacalo da vivenda. No exterior estaban xa un reforzo da Policía Nacional, que xunto cos axentes da Policía Local puideron reducilo. O detido causou lesións a dous axentes ao darlle unha cabezada a un deles, mentres que a outro provocoulle un corte na man cando lle retiraba un terceiro coitelo que levaba agochado nas costas. Foi trasladado en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para unha valoración psiquiátrica e quedou a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará