Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Readmitido un socorrista do servizo de praias logo dun acordo entre empresa e sindicatos

socorristas

Imaxe de arquivo do posto de socorrismo na praia de Arealonga

A emprsa Offshore Special Services S.L., concesionaria do servizo de salvamento nas praias de Redondela, readmitiu o pasado mércores a un dos socorristas contratados este verán. O traballador fora despedido pola empresa o domingo anterior por unha falta grave. O socorrista en cuestión denunciou ante os medios de comunicación que o motivo real do despedimento foran as súas queixas e as de parte dos seus compañeiros “polo mal estado do material e as carencias de elementos básicos para o salvamento”. Logo dunha xuntanza entre representantes da empresa e os sindicatos acordouse a readmisión do traballador. Na xornada de onte representantes de Offshore Special Services S.L. e dos traballadores volveron reunirse para tratar as necesidades do servizo e chegaron a un acordo “favorable para todas as partes”.

O grupo municipal do PP, principal grupo da oposición en Redondela, xa esixira a través dun comunicado a readmisión do socorrista que denuncira as deficiencias do servizo de salvamento de praias, despedimento que cualifican de “represalia”. Os populares responsabilizan na nota á alcaldesa Digna Rivas desta situación por ter privatizado o labor de vixilancia nas praias. O grupo municipal do BNG tamén manifestou nas súas redes sociais o seu rexeitamento a este despedimento, advertindo que de ser certo que a causa foran as denunciou do traballador serían un feitos “gravísimos” ao tempo que solicitaban “transparencia”.

Desde o Concello de Redondela aseguran que o servizo de socorrismo das praias “funciona e funcionou sempre correctamente”, e sinala que recibiron as queixas de parte dos traballadores do servizo de socorrismo o pasado día 16 de agosto, “cando a maior parte das deficiencias xa estaban resoltas, e outras foron subsanadas na mesma semana”. A concelleira de Interior, Rita Pérez, advirte que as carencias dalgún material puntual como unha prenda de abrigo “non impiden o normal funcionamento do servizo con total seguridade para os usuarios das praias e bañistas”. A edil mantén reunións periódicas con Offshore Special Services S.L, empresa que presta os servizo de salvamento nos areais, e asegura que “o seguemento que se fai do cumprimento do contrato é constante”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará