O 10 de setembro comeza a competición ligueira para o CD Choco na Preferente, e Tizón ultima detalles para perfilar o equipo definitivo da nov tempada coa fichaxe de David Dios. Un medio centro que según verbas do adestrador “é un xogador con moita calidade e percorrido, moita enerxía e un gran golpeo a balón parado, polo que ten moito que achegarnos”. O xogador, procedente do Pontevedra B, amosouse moi contento no seu novo destino, Redondela aínda que lle sorprendeu a chamada de Tizón “non a esperaba”. O futbolista leva adestrando unhas semanas co equipo e séntese “totalmente integrado”. David, coñecedor da categoría na que esta tempada volverá a militar, asegura que a Preferente “é unha categoría moi dura na que hai que competir día tras día” mais engade que son un plantel “de moito nivel” que pode facer “cousas bonitas durante a tempada”. E aínda que no CD Choco non se fala de obxectivos, o xogador recoñece que o ascenso “sempre é complicado” e pensa que teñen equipo “para estar sempre arriba”. Sabedor de que terá que pelexar o posto no once de Tizón, David chega ao CD Choco sen ningún obxectivo persoal, porque para el os seus obxectivos “son sempre como equipo”.