Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Rondalla de Redondela, un clásico do verán

Rondalla

A praza da Casa da Torre acolle este sábado, día 2 de setembro, o xa tradicional concerto da Rondalla de Redondela. Hai máis de 10 anos que esta formación redondelá é a encargada de pechar a programación do Verán Cultural na vila. Os máis de 30 compoñentes que conforman a agrupación subirán ao escenario ás 22.00 horas para ofrecer o seu clásico repertorio, “unha antoloxía musical” dos máis de cen temas cos que conta a rondalla, segundo explica José Ángel Gesteira, un dos seus membros. Interpretarán temas dos anos 50 e incluso máis antigos, xa que algunas das pezas do seu repertorio teñen máis dun século de vida.

Boleros, habaneras e outros clásicos soarán na noite do sábado. Algúns dos temas deste repertorio están xa recollidos nos dous discos gravados pola Rondalla de Redondela, onde o máis importante son as voces. Recoñece Xesteira que non todos teñen “unha gran voz” pero cumpren co obxectivo de sacar “o mellor de cada un” e conseguen que no seu conxunto a trintena de intérpretes “funcione”.

Actualmente a Rondalla de Redondela está formada por unha trintena de voces masculinas, malia que houbo cambios desde a súa creación. Déronse baixas entre os seus compeñentes, pero tamén chegaron voces novas que se foron incorporando a este grupo. Tamén houbo renovación no repetorio “aínda que maioritariamente son os temas clásicos de senpre”, sinala Xesteira.

A actuación deste sábado forma parte da programación cultural do Concello de Redondela.

Bafana Bafana o domingo día 3

Os concertos de verán despediranse o domingo cun concerto do grupo vigués Bafana Bafana. O seu estilo fresco e desenfadado porá a bailar ao público con versións de artistas tan variados como Raphael, Mecano, Iván Ferreiro, Pereza ou Nek. A cita será o domingo ás 20.30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará