Partido amigable disputado entre o Xuvenil do Choco e o Alerta Navia o mes pasado
Comeza a competición oficial, e o Xuvenil do Choco de División de Honra vaino facer na casa. O domingo reciben en Santa Mariña ao Club Bansander, de Santander, ás 11.00 horas. O adestrador, Hugo Álvarez, sinala que o feito de repetir categoría fai que xa coñezan á maioría dos rivais, “pero todos os equipos fan cambios e ademais nesta temporada teremos que visitar campos novos”. O técnico está moi satisfeito co traballo dos seus xogadores. Afirma que son rapaces “acostumados a un nivel de traballo esixente”. O groso do conxunto mantense, xa que tan só cinco dos xogadores da pasada temporada pasaron a sénior.
Coa prudencia que o caracteriza, Hugo sinala que o obxectivo é “seguir mellorando a nivel individual e colectivo” nunha liga que vai esixir “o 100% de cada un”. Como equipo recén ascendido o prioritario é a permanencia e a partir de aí avanzar “pouco a pouco”.
Para o partido deste domingo o club pon á venda as entradas a un prezo de 5 euros a xeral e 3 euros para menores de 23 anos.