Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferido leve un mozo de 26 anos nun aparatoso accidente en Chapela

accidente chapela

Os feitos producíronse ao redor das 5:30 horas da madrugada deste sábado na Avenida de Vigo. O condutor do vehículo, procedente da cidade olívica, colidiu contra seis coches estacionados e rematou envorcado sobre a estrada. Segundo informa a Policía Local de Redondela, o condutor deu positivo nas probas de alcoholemia polo que se investiga por un presunto delito contra a seguridade viaria.

Un veciño de Vigo de 26 anos de idade resultou ferido leve no sinistro que se producía esta madrugada na Avenida de Vigo na parroquia de Chapela. Unha chamada do 112 era a primeira en alertar á Policia Local do suceso. Unha patrulla desprazouse ao lugar onde comprobou que o accidente produciuse logo de que, por causas que agora se están a investigar, un vehículo procedente de Vigo perdera o control chocando contra ata seis vehículos estacionados e rematando finalmente envorcado sobre a calzada.

Ao condutor fóronlle realizadas as probas de alcoholemia legalmente establecidas,  arroxando un resultado positivo de 0,64 mg/l, polo que tamén se investiga por un presunto delito contra  a seguridade viaria.

O condutor resultou ferido leve sendo trasladado ao hospital por unha ambulancia do 061.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará