A vila dos viadutos convértese no cuarto municipio onde aparece este insecto, capaz de transmitir algunhas infeccións tropicais. Dende as autoridades mandan unha mensaxe de tranquilidade porque ningún dos exemplares detectados portaba ningún virus.
A presenza do insecto en Redondela foi confirmada pola Consellería logo de que un particular informara a través da aplicación dixital Mosquito Alert e os entomólogos da Rede Galega de Vixilancia de Enfermidades Transmisibles por Vectores (ReGaViVec) confirmaran a súa orixe.
En total xa houbo 112 avisos dos cales 92 foron no Morrazo, principalmente no concello de Moaña pero tamén en Cangas, en Vigo e agora en Redondela o que ven confirmar que o mosquito tigre estase a expandir pola provincia.
Ante esta situación e polo feito de que o animal teña capacidade para provocar enfermidades como o dengue, o zika ou a febre amárela e malia que en ningún dos exemplares localizados se detectasen estes virus, decidiuse poñer en marcha un comité de seguimento porque ademais a súa presenza en Galicia é nova.
Dende Sanidade tamén se divulgaron pautas para evitar a proliferación da especie como eliminar punto de auga estancada en bebedeiros, pratos baixo macetas ou cubos a intemperie e lembran que renovara auga cada catro ou cinco días é suficiente.