O Círculo de Xóvenes emprendedores, organizadores do evento que ía ter lugar este sábado no pazo de Santa Teresa en Redondela, decidiron anular a convocatoria polas previsións meteorolóxicas que anunciar para esa xornada alta probabilidade de treboada eléctrica. A nova data de celebración será o 1 de xuño de 2024
Dende a organización lamentan ter que tomar este decisión pero entenden que é o máis axeitado ante as previsión de mal tempo. Adiantan ademais que a nova data “permitirá contar con novas experiencias” nas que están xa a traballar.
Lembran tamén que todas aquelas persoas que xa retiraran a súa entrada poden recuperar o importe íntegro enviando un correo ao enderezo info@sensafestival.com cos datos e o importe da compra procedéndose ao reembolso no prazo de 15 días.