Os traballos foron realizados ao longo o verán co fin de ter todo listo para o inicio do curso escolar. O CEIP Manuel Padín Truiteiro, a Escola Infantil de Romaríz e a Galiña Azul foron os grandes beneficiarios destes investimentos por parte do Goberno local.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, e o concelleiro de Obras, Pablo Garrido, visitaron estes centros co fin de comprobar de primeira man que os traballos estivesen rematados, en tempo e forma, para o inicio do curso escolar.
A Galiña Azul abriu as súas portas este luns e, actualmente, atópase en período de adaptación das pequenas e pequenos. Unha escola que dá servizo a máis de 30 familias e onde se realizaron varios traballos de mellora durante a época estival que consistiron na colocación de pavimento novo nunha aula, puxéronse novos colgadoiros, barras, repasaron os enchufes e peches de todas as portas, realizouse a substitución dalgunha pechadura rota e tamén se levaron a cabo repasos no interior do centro.
Pola súa banda, no CEIP Padín Truiteiro, reparouse a cuberta do patio, pintáronse varias aulas, substituíronse as luminarias de emerxencia do centro e procedeuse ao desbroce das zonas exteriores e vernizado das mesas e outras reparacións pequenas no interior do centro. Pola súa banda, na Escola Infantil de Romaríz realizáronse arranxos xerais do centro e neste espazo, o concello de Soutomaior, tal e como confirmou nesta xornada Pablo Garrido, vaise a realizar un proxecto de mellora xeral do centro.
Aumento nas axudas para a adquisición de material escolar
O goberno de Soutomaior xa anunciou nesta semana que aumenta a contía das axudas para a adquisición de material escolar de cara ao curso 2023/2024. O obxectivo deste incremento da contía é que o alumnado de Soutomaior que o precise poida adquirir material escolar (cadernos, material para manualidades, material para escribir…). Nestas axudas non están incluída a adquisición de libros de texto.