Equipos masculinos de Chapela e SAR no Trofeo Concello de Redondela
Esta fin de semana comezará a competición oficial para os equipos de Autonómica coa Copa Federación. Na territorial masculina a SAR Plastic Omnium recibirá na Bomboneira ao Atlético Novás e o BM Chapela xogará no Manuel González Soto ante o Calmear Rasoeiro. Na categoría feminina a SAR Rodavigo xoga no pavillón A Seca co Poio Artai, que será o mesmo rival do Chapela a próxima semana. O presidente da SAR, Aurelio Krook, fala do equipo masculino de autonómica, que deixou moi boas sensacións na pretemporada.
No caso do equipo feminino de Autonómica, de recente creación, o obxectivo do club é que se consolide coas xogadoras máis novas antes de dar o salto ao conxunto de División de Honra Prata.
Na Territorial Masculina o encontro Chapela-Calmear Rasoeiro será mañá sábado, día 9, ás 18.15 horas no pavillón municipal Manuel González Soto, e o SAR-Atlético Novás será o domingo día 10 de setembro ás 18.30 horas na Bomboneira. Na Territorial Feminina a SAR Rodavigo xogará na pista do Poio Artai o domingo día 10 ás 18.00 horas. O Poio será tamén o rival do Chapela o día 17 de setembro no González Soto.