Unhas actuacións que terán lugar a partir das sete da tarde do sábado e que se trasladan ao Multiúsos da Xunqueira ante a previsión de mal tempo prevista para esta fin de semana. Tamén a Rondalla de Redondela ofrecerá o seu concerto no auditorio da Xunqueira, será o domingo ás 21:00 horas.
A agrupación musical do Porriño, a Banda de música cultural de Mondariz e a Banda de música de Chapela son as tres formación que actuarán este sábado 9 ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira dentro da programación cultural do Concello e enmarcadas na XXVII edición do festival de bandas de Música.
Uns concertos que se trasladaron ao Multiúsos polas malas previsión meteorolóxicas. Do mesmo xeito, os integrantes da Rondalla de Redondela tamén ofrecerán a súa actuación nese espazo para evitar ter que suspender o concerto como xa acontecerá a pasada fin de semana. Neste caso será o domingo ás 21:00 horas cun repertorio cargado de temas clásicos.