Apurando o verán, a agrupación redondelá volve ofrecer a súa música festeira e bailable nun concerto que se vai desenvolver este mércores enmarcada na programación que organizna os locais da rúa Pai Crespo, A Discotaska e 78 Gastrobar. A cita este 13 desetmbro ás 21:00 horas.
Esta nova banda intregrada polos músicos Antonio Vidal “Pelu”, Myriam Cortizo, Diego Orge e Mario Blanco xunto coa voz de Fon Conde volven ofrecer o seu repertorio no que fuxen do rock tradicional para embarcarse nunha mestura de estilos onde se integran a rumba, cumbia, rock and roll, “fusión musical pero sempre con temas propios en galego”.
As súas letras son orixinais de Fon Conde e están inspiradas en cousas cotiás e incluso en personaxes da vila pero que poden ser perfectamente universais “e que se poden extrapolar a calquera parte do mundo”.
A súa vinculación coa vila vai máis aló desas “historias de preto, retranqueiras e poéticas” porque elixiron tamén para o seu nome unha palabra da nosa contorna como é “torrella” xogando cunha expresión máis que coñecida na vila.