A Xunta de Galicia ven de permitir esta medida excepcional amparándose no que cualifican de “emerxencia cinexética” o que permitirá cazar estes animais no 80 % de Galicia. A medida entra en vigor este sábado e prolongarase ata o 25 de febreiro de 2024.
A Xunta declarará este venres a emerxencia cinexética, dia que se publicará no Diario Oficial de Galicia e entrará o vigor este sábado, para poder cazar “sen límite” xabarís nun total de 248 municipios, un 80 % dos concellos e da superficie da comunidade galega, entre os que se atopa Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos. É dicir, esta decisión que estará en activo ata o 25 de febreiro de 2024, fin da tempada de caza, afectará a toda a nosa contorna.
Os concellos con caza sen límite de xabarís agrúpanse en 37 comarcas: 12 na provincia da Coruña (75 municipios), 11 en Ourense (87 municipios), 9 en Lugo (54 municipios) e cinco en Pontevedra (32 municipios).
Este instrumento excepcional pódese tomar ante o perigo para a gandería e agricultura, ademais de polo risco de provocar accidentes de tráfico, complementario á caza regulada para facer accións de control por danos. Poderán capturarse ou abaterse exemplares de ambos os sexos e amplíanse os períodos de caza.
Medio Ambiente recorre de novo á emerxencia cinexética tras constatar que a súa declaración no ano 2021 conlevou un descenso do número de avisos de danos por xabarís ao 012