Imaxe dun partido da SAR Rodavigo da pasada Copa Galicia. Foto: Patry Rivas
División de Honra Prata Feminina
SAR Rodavigo 20-32 Solimusic Carballal
O equipo de Vero Posada comezou a competición oficial cun derbi ante o Solimusuc Carballal. As viguesas demostraron ser superiores no partido disputado na Bomboneira. O Carballal foi máis intenso e o equipo redondelán, que non estivo acertado no ataque, acusou as importantes baixas por lesións que arrastra neste inicio de liga. A próxima fin de semana a SAR Rodavigo disputará outro derbi galego. As de Redondela xogarán non pavillón do Meaño, que tamén comezou a liga con derrota, neste caso en Canarias.
Copa Federación
Poio Artai 24-25 SAR Plastic Omnium
Segunda vitoria da SAR na Fase de grupos da Copa Federación nun partido moi igualado. Logo de impoñerse no primeiro partido ao Novás, o rival do terceiro será Mecalia Atlético Guardés nun partido que xogarán en Redondela.