Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de música medieval na Illa de San Simón

illa_de_san_simon

A illa de San Simón acolle o 5 de outubro unha xornada que aborda a voz e a arpa como testemuñas e transmisoras da alma musical do pasado, particularmente na época medieval. O Consello da Cultura Galega e o Concello de Redondela continúan así coa programación dun ciclo conxunto que, en forma de simposio e baixo a denominación xenérica “Seíam’’eu… en San Simón”, vén celebrándose con carácter anual nesa illa desde o ano 2019. Está aberto o prazo de inscrición.

O ciclo, coordinado polo músico Alejo Amoedo, escolle como sede un emblemático ‘lugar de memoria’ construído como tal desde os albores da nosa cultura e céntrase en dúas liñas de traballo principais que se alternan anualmente: a cultura medieval, evocada por Mendiño, o cantor da illa, e a memoria da emigración e do exilio, que deixou fonda pegada en San Simón e na súa contorna.

Consonte a esta dupla vocación, a edición do ano 2023 céntrase no estudo da cultura medieval con especial atención ao trobador Martín Códax, figura elixida pola Real Academia de Belas Artes como homenaxeada no Día das Artes do presente ano.

Baixo o nome “Ecosmedievais: a voz e a arpa, testemuñas e transmisores da alma musical do pasado” realizaranse diferentes relatorio na mañá do xoves 5 de outubro con Gorka Rubiales, da Universidad de Salamanca; Paulina Ceremuzynska, cantante e musicóloga especializada na interpretación da música antiga, e Manuel Vilas, arpista especializado en música antiga, achegarannos á iconografía musical medieval, á voz das cantigas e aos diferentes aspectos relacionados con un dos instrumentos máis caros e prezados do universo musical dos séculos X-XIV: a arpa, sen esquecer a súa importante carga simbólica, que a relaciona coa figura do rei David.

A inscrición é gratuíta e o número de prazas limitado a 80 persoas. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición. Máis información www.consellodacultura.gal difusion@consellodacultura.gal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará