Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Obradoiro Fernando Monroy de Cesantes repartirá 775 euros en premios no seu certame de fotografía

obradoiro

O prazo de presentación de imaxes para participar na XVIII edición do certame, que chega así a súa maioría de idade, rematará o día 2 de novembro. Os participantes deberán presentar unha copia dixital e outra impresa das obras con premios en dúas categorías: xuvenil, na que poden participar mozos e mozas de ata 17 anos, e a categoría de adultos.

Mantéñense os principios básicos desta actividade con varias modalidades. Haberá unha instantánea gañadora que levará 250 euros. Despois hai dúas categorías: a de adultos con tres premios (150, 125 e 100 euros) e a de xuvenís con dous (100 e 50 euros). Nesta categoría poden participar menores de ata 17 anos.

A temática é libre pero é preciso indicar onde se realizou cada unha das fotos. Deberán ser presentadas en formato impreso como se recolle nas bases e tamén enviadas en formato dixital ó correo do colectivo (obradoiro@estudoslocais.org). O lugar físico para presentar a obra é o Círculo Cultural de Cesantes, tamén a farmacia de I. Muiños na parroquia o unas tendas de fotografía Cal-3 e Sandra Bastos en Redondela. Pode levarse en persoa ou enviarse por correo ordinario.

O prazo límite é o xoves 2 de novembro e o longo dese mes o xurado dará a coñecer ós gañadores do certame. É preciso recordar que, ademais de optar ós premios, as fotografías presentadas serán despois expostas en diversos centros culturais de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará