Hoxe é Xoves 21 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vías verdes e tráfico máis lento para fomentar o uso da bicicleta en Redondela

ViaVerde

Na Semana Europea da Mobilidade colectivos ecoloxistas como Verdegaia propoñen alternativas para fomentar o uso da bicicleta. O seu voceiro Joao Serdoura sinala que é necesario que as administracións se impliquen e poñan en marcha cambios “para facer da bicicleta un medio de transporte máis atractivo e práctico para a cidadanía”. Zonas que permitan o uso da bici dun xeito cómodo e seguro, como a Vía Verde de Chapela, son un gran paso “pero é preciso facer máis”. Serdoura explica que as administracións “deben apostar pola creación de máis sendas deste tipo entre as diferentes parroquias para fomentar o uso da bici entre a veciñanza”.

Joao Serdoura, voceiro do colectivo ecopaficista Verdegaia

Por iso instan ás administracións a fomentar a “intermodalidade”, é dicir, favorecer que os ciclistas poidan facer uso do transporte público en determinados tramos. Serdoura pon o exemplo das parroquias de Redondela. Afirma que veciños de zonas altas como Ventosela ou Trasmañó “poderían utilizar a bicicleta para achegarse ao centro da vila a facer as súas compras ou xestións, se logo contasen cunha liña de autobús que lles permitise cargar a súa bici para regresar á casa”.

A mobilidade sostible aumentaría se a veciñanza puidese combinar a bici co transporte público

Calmar o tráfico “asegurando que os condutores respecten os límites de velocidade” é outra das demandas dos colectivos de ciclistas, xa que en demasiadas ocasións os coches superan o límite de 30 quilómetros por hora establecido en moitos entornos urbanos.

Para un uso da bico seguro é preciso reducir a velocidade do tráfico

O que promoven desde Verdegaia é un cambio de actitude, tanto por parte das administracións como da cidadanía, e cambiar o “círculo vicioso que supón abusar do coche” polo “círculo virtuoso que supón camiñar o i ir en bici”. Empregar máis a bicicleta e menos o vehículo particular en traxectos curtos é algo moi positivo para o medio ambiente, xa que reduce a emisión de CO2 e a contaminación acústica “pero tamén é moi positivo para os usuarios polos beneficios que ten para a saúde esta actividade física”

O uso da bicicleta é beneficioso para o medio ambiente e tamén para a saúde das persoas
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará