Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres de tres para a SAR Plastic Omnium

SARfinal

Foto: Patry Rivas

Fase de grupos Copa Federación

SAR Plastic Omnium 32 – Mecalia Atlético Guardés 23

O equipo de Primeira Autonómica SAR sumou a súa terceira vitoria consecutiva para na Copa Federación. Os de Manuel Fernández acabaron invictos a fase de grupos ao vencer no último partido ao Guardés. A primeira parte do encontro estivo moi igualada, con diferenzas de tanto só ou dous goles no marcador (13-12, ao descanso). Na continuación os de Redondela conseguiron unha boa dinámica ofensiva e fóronse indo no marcador. Na próxima xornada disputarase a semifinal da Copa na Bomboneira e terán ao Balonmán Loriga como rival.

Seis do Nadal 29-19 BM Chapela

Derrota do Chapela en terras viguesas. O encontro estaba igualadoata o descanso, pero na segunda metade os erros defensivos e a falta de acerto no ataque condenaros aos chapeleiros.

División de Honra Prata Feminina

Asmubal Meaño 35-32 SAR Rodavigo

Novo derbi galego e nova derrota para a SAR Rodavigo nun partido no que as de Meaño dominaron desde a primeira metade ata gozar dunha ampla vantaxe (30-22). No último tramo as anfitrioas relaxáronse e a SAR recortou distancias, pero xa sen tempo para a igualada. Na próxima xornada, a terceira, disputan o terceiro derbi galego. Reciben en Redondela ao Porriño, que tampouco estreou o seu casilleiro neste inicio de liga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará