Un proxecto coordinado por Adega ao que se sumou tamén o concello de Soutomaior quen na mañá deste domingo congregou un cento de veciñas e veciños de todas as idades para participar desta actividade de concienciación medioambiental na que se incide na importancia dos ecosistemas fluviais e na correcta xestión dos residuos.
Novamente, as persoas participantes traballaron arreo para retirar o lixo que se acumula ao carón dos ríos o una súa canle, dende botellas, plásticos de diferentes procedencias, cascallos, mobles… Ademais de proceder a recollida e retirada deste lixo tamén se traballou na eliminación da flora invasora dun tramo da ribeira do río Verdugo e Daión. Ante o éxito de participación parte dos voluntarios e voluntarias realizaron esta labor Ponte Colgante e na contorna do Refuxio de Pescadores.
O proxecto Móllate polos ríos lévase organizando dende 2008, unha xornada de Limpeza Simultánea en numerosos concellos de Galiza no que as persoas participantes saen aos seus ríos para recoller o lixo que atenta contra a riqueza dos ecosistemas fluviais.
O máis importante deste día é a labor de concienciación social facéndolle ver á cidadanía que as pequenas accións valen moito.